Saturday 11 de May de 2024

Axenda cultural fin de semana en Cariño


‘H2… OH!’ de TEATRO GHAZAFELHOS (ESTREA EN CARIÑO)
Domingo 13 de novembro, ás 18 horas, no Auditorio Municipal. Entrada gratuíta.
Espectáculo patrocinado pola Rede Cultural da Deputación da Coruña.
Teatro | Público infantil e familiar (+6) | 50 min
FICHA ARTÍSTICA:
Dirección e adaptación: Pepablo Patiño
Guión: María Canosa
Intérpretes: Pepablo Patiño, Móntse Piñón e María Canosa
Escenografía: Teatro Ghazafelhos
Vestiario e maquillaxe: Montse Piñón
SINOPSE:
H2..OH! É unha peza teatral baseada no libro do mesmo título de María Canosa.
Unha divulgadora científica e dous doutores de ciencias mundialmente coñecidos, Montsilia Brasilisca e Pepablov Pasparof, son os protagonistas desta historia.
H2…OH! Achéganos ás curiosidades científicas que experimentamos no noso día a día… Sabías que os cascos protectores inventáronos os paxaros? Ou por que hai espellismos? A que non te decataras de que hai animais que nunca beben auga? Ou porque o número Pi é infinito e non remata nunca? Estas son algunhas das curiosidades ás que daremos resposta! A loucura destes científicos e a extravagancia dos seus experimentos farán que o publico teña unha experiencia inesquecible.